Só catro empresas construtoras controlan a recollida e xestión do lixo en Galiza

A privatización da recollida de lixo iniciada nos 80 alimentou un negocio que en Galiza está dominado por catro grandes construtoras. 

Raquel

O proceso de privatización da recollida e tratamento de lixo iniciado na década dos 80 nos concellos galegos engordou un negocio que en Galiza está, tres décadas des-
pois, en mans de catro grandes construtoras. "Un oligopolio que fai cartos a costa dos refugallos", indican desde a Plataforma pola reciclaxe. Cespa, Urbaser, FCC e Isolux-
Corsán. Todas elas empresas sen outra relación con Galiza que facer negocio e cos seus centros de decisión (e de cotización) ben lonxe do Padornelo. E a esta festa hai que engadir un quinto convidado: Gas Natural-Fenosa, copropietaria de Sogama coa Xunta.

"Hai uns cinco anos calculábase entre 400 e 500 millóns de euros os que se movían neste sector. Actualmente non creo que cambiase moito o volume de facturación porque aquí a crise non afecta tanto". Quen así fala é Martín Freire, que incide en que esa facturación é un pastel "que se reparten entre moi poucos". As catro gran-
des construtoras españolas. As mesmas que gañaron e gañan a inmensa maioría dos concursos municipais de recollida e tratamento de lixo coas súas concesións a 15,20 ou mesmo a 30 anos.

Desde organizacións ambientalistas como Adega ou Verdegaia teñen posto, en máis dunha ocasión, o dedo na chaga: "A xestión privada dos recursos municipais dificulta adoptar políticas de prevención", indica Xosé Veiras, da asociación ecoloxista, porque a lóxica en que se moven as grandes empresas do sector é a de "a máis lixo, 

Alta produtividade

Máis de 5.000 persoas traballan en Galiza en torno ao lixo. Coa chegada da crise, as grandes empresas, malia non ter números en vermello nos seus balances anuais, apro-
veitaron para sacar as tesoiras e recortar en salarios, dereitos laborais, persoal... Un exemplo desta situación é Urbaser, en Lugo, que xestiona a recollida do lixo na cidade amurallada, e onde @s traballador@s levan semanas en folga para que lles sexan actualizados os salarios.

Comentarios