Sindicalismo nacionalista reaxe contra a centralización do convenio do metal

CIG impugnará o acordo e lanza unha campaña contra o I Convenio estatal, denunciando que “traslada ao sector os recortes de dereitos contemplados nas reformas laborais”

Folga metal de 2007 en Vigo
photo_camera Folga metal de 2007 en Vigo

A reforma laboral aprobada en 2011 polo goberno de Zapatero abría as portas a unha 'centralización' da negociación colectiva, coutando as posibilidades de negociar convenios de sector en Galiza. A reforma de 2012, aprobada por Rajoy, primava a aplicación dos convenios de empresa sobre o provincial, posibilitando así nos postos de traballo condicións inferiores ás mínimas fixadas para o sector. Deses pos a CIG entende que se deriva a lameira que implica o I Convenio estatal do metal, que vai impugnar e contra o que pon en marcha unha campaña.

Xoán Xosé Bouzas, secretario nacional de CIG-Industria, e Manuel Simón, secretario de Negociación Colectiva da federación, compareceron en rolda de prensa para explicar as consecuencias deste convenio estatal asinado pola patronal, CCOO e UG. “Hai que desenmascarar o que significa”, dixeron.

“Até o de agora a negociación máis perto dos centros de traballo levaba consigo que había mobilizacións, había asembleas de traballadores e polo tanto a negociación era moito máis viva”

Prexuízos

Para a CIG-Industria a sinatura deste convenio estatal é “un paso máis da patronal e as centrais sindicais españolas” para eliminar os convenios provinciais porque, segundo explicou Manuel Simón, deixa cada vez menos materias a negociar, que son asumidas por eles desde Madrid e que afectan a modalidades de contratación, períodos de proba, clasificación profesional, número de xornadas de traballo, réxime disciplinario, normativa en prevención de riscos laborais, mobilidade xeográfica, formación e cualificación profesional, entre outras.

O secretario de Negociación Colectiva de CIG-Industria explicou ademais que se crea unha comisión paritaria que pode vir a calquera convenio e asinalo se as partes non se poñen de acordo nun ano, independentemente da representación sindical que teñan. “Resérvanse para poder negociar en Madrid no momento que eles queiran: salarios, vacacións, permisos e licenzas, ordenación da xornada, mobilidade funcional, promoción e ascensos…”ç

"Teñen como obxectivo dinamitar os convenios provinciais, o que nos debilitan aos traballadores, deixándonos sen poder de decisión porque  pasan a decidir as cúpulas en Madrid”. 

Medidas que, denunciou, teñen como obxectivo dinamitar os convenios provinciais e que entende que “nos debilitan aos traballadores/ deixándonos sen poder de decisión porque  pasan a decidir as cúpulas en Madrid”.

Campaña

Xoán Xosé Bouzas sinalou que a federación pon en marcha unha campaña para explicar o que significa esta “negociación de cúpulas”, que creou un “marco ideal para recortar” dereitos e salarios. “Até o de agora a negociación máis perto dos centros de traballo levaba consigo que había mobilizacións, había asembleas de traballadores e polo tanto a negociación era moito máis viva”.

Os representantes de CIG-Industria denunciaron ademais que con este convenio se acordou implantar e xestionar a actual Tarxeta Profesional para o todo o sector do metal (TSM) e a formación preventiva de riscos laborais para o sector, con cursos dun mínimo de 20 horas. “Isto quere dicir que todos os traballadores/as teremos que pagarlle a estas organizacións máis de 100 euros por curso, como xa ocorre no sector do naval e na construción”, aseguraron.

Comentarios