venres 21/01/22

Sexto día consecutivo co prezo da luz á alza: así evolucionou no último ano

Esta sexta feira o prezo medio alcanzará os 215,86 euros/MWh.
As familias galegas, que xa fan cálculos coas novas facturas da luz, están chamadas a mobilizarse este domingo. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press) #electricidade #factura #protesta #cig #convocatoria
Decembro de 2021 fechou como o mes máis caro da historia (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).

O prezo medio da electricidade no mercado maiorista situarase esta sexta feira en 215,86 euros por megawatt e hora (euros/MWh), o que supón o sexto día día consecutivo de subas e volverá superar a cota dos 210 euros/MWh por segunda vez no que vai de ano.

En concreto, o pool rexistrará para esta sexta apenas 1,35% de crecemento a respecto do día anterior, e un aumento de 53,2% en comparanza coa sexta feira da semana pasada, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para o 7 de xaneiro darase entre as 18 e as 19 horas, con 260 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 162,80 euros/MWh, rexistrarase entre as 04.00 e as 05.00 horas. Os 215,86 euros/ MWh que marcará de media esta sexta feira o pool eléctrico representan así o máximo nivel de prezos desde o pasado 25 de decembro.

O encarecemento nos últimos meses no mercado eléctrico explícase, principalmente, polos altos prezos do gas nos mercados e dos dereitos de emisión de dióxido de carbono (CO2), en máximos históricos neste ano. Así, en comparación co mesmo día de hai xusto un ano, a subida experimentada esta quinta feira será dun 139,5%, xa que o 6 de xaneiro de 2021 o prezo da luz situábase nos 88,93 euros/ MWh.

Media de 239 euros/MWh en decembro

O mes de decembro pechou cun prezo medio mensual no mercado maiorista eléctrico de 239,1 euros, o máis alto da historia tras superar en máis de 39 euros os 200 euros/ MWh do pasado outubro.

O Goberno ampliou ata o 30 de abril a rebaixa dos impostos incluídos na factura da luz que pagan todos os consumidores coa fin de paliar o efecto negativo que a subida do prezo da electricidade está a causar nos cidadáns.

En concreto, prorrogáronse ata o 30 de abril as rebaixas do 21% ao 10% do IVE e do imposto especial eléctrico do 5,11% ao 0,5%, mínimo legal. Con todo, a suspensión do imposto de xeración ao 7% que pagan as empresas só manterase, por agora, ata o 31 de marzo.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Sexto día consecutivo co prezo da luz á alza: así evolucionou no último ano
comentarios