A Sepi só ten malas novas para Navantia-Ferrol e Fene

O Plan Estratégico obvia as demandas de dique flotante e adianta que vai ser “necesario” un marco laboral flexible. O BNG xa solicitou a comparecencia urxente do Presidente da SEPI, Ramón Aguirre.


O responsábel dos estaleiros públicos advirte nunca misiva enviada ao cadro de persoal dos “graves problemas” polos que atravesa Navantia. Derivados en grande medida dca falla de carga de traballo dos estaleiros públicos. Unha situación advertida desde hai tempo tanto polos sindicatos, como por diferentes organizacións políticas, coma o BNG. A fronte nacionalista pediu a comparecencia urgente de Ramón Aguirre.

Os nacionalistas critican que se anuncie un Plan de aforro de custes, a redefinición do novo submariño ou a potenciación de áreas como a de reparacións navais. Nese sentido, reprocha á SEPI e a Navantia a “súa negativa a construir o dique flotante nos estaleiros da Ría de Ferrol porque era unha garantía de traballo para case dous anos”.

O futuro dos traballadores tamén está en vilo, pois na súa carta o presidente de Navantia fala de “que tamén será necesario un novo marco laboral na liña coas necesidades das empresas que compiten a nivel global, mellorando en flexibilidade e eficiencia”. Para a parlamentar nacionalista Rosana Pérez “trátase dunha auténtica chantaxe nun momento de negociación do convenio colectivo”.

“E que fixo a SEPI? Que xestións realizou para lograr pedidos? Non é difícil respostar a esa pregunta, non se fixo nada. E por riba ter unha actitude obstruccionista ante proxectos como o do dique flotante”.

Comentarios