A Sepi anuncia xestións para levantar o veto a Navantia, unha nova "cortina de fume" para os traballadores

A xuntanza de responsábeis da Sepi con alcaldes de Ferrolterra e comité de empresa de Navantia para falar do dique flotante finalizou sen compromiso ningún. A Sepi xogou a baxa de prometer que tentará que Bruxelaslevante o veto á construción civil e os representantes dos traballadores falan de endurecer as protestas
Protesta do naval
photo_camera Protesta do naval

A Sociedad Estatal de Participaciones Industriales (Sepi) convocara a unha xuntanza a alcaldes de Ferrolterra, comité de empresa de estaleiros e sindicatos, para abordar a cuestión do dique flotante. Desde CIG xa se anunciara que non se ía asistir a esa reunión por entender que era todo un paripé e que a Sepi, após anunciar hai unhas semanas que non habería dique flotante, non tiña nada novo que dicer.

E tras horas de xuntanza na Delegación do Goberno da Coruña, a Sepi limitouse a afirmar que ía iniciar xestións para Bruxelas levantar o veto á construción naval a Navantia. Un anuncio que desde os representantes dos traballadores do naval entenden como unha 'cortina de fume'. Por iso anunciaron que ían recruar as mobilizacións.

Aliás, lamentaron que "após horas de xuntanza non haxa compromisos concretos", e exixiron de Xunta e goberno central "compromisos políticos claros" para salvar o naval galego.

Comentarios