Seguen a baixar as vendas da industria galega

Os datos do INE de agosto indican unha baixada continua desde marzo.

Polígono da Granxa, O Porriño [Imaxe: Cedida]
photo_camera Polígono da Granxa, O Porriño [Imaxe: Cedida]

As vendas da industria galega seguen en negativo e baixaron no mes de agosto en -0,3%, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Nese mesmo mes aumentaron as súas vendas Catalunya, Aragón e Castela e León.

Galiza segue sen medrar desde marzo polas subas de arranque de ano aínda que aínda están en positivo na media de 2019 (+0,2%) por baixo da media estatal (+0,3%).

Estes datos contrastan co comportamento dos pedidos que aumentan na Galiza un 3,2% malia ter como meses malos xullo, xuño e agosto.

Comentarios