O pequeno comercio encadea 37 meses de caídas nas ventas

Tan só desde verán pasado, o emprego caeu nun 2,7% neste sector mentres que as vendas diminuíron nun 1,7%. Descensos que engadir os que se veñen rexistrando desde 2008 e que provocaron o peche de milleiros de tendas de barrio e de vila no noso país.

Comercio pechado
photo_camera Comercio pechado

É un dos sectores que máis está a sufrir a crise: o pequeno e mediano comercio. A tenda de barrio, o comercio de proximidade, un dos alicerces da economía (e tamén en moito máis que a economía) dos barrios e vilas do país. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), desde xullo de 2012 até ese mesmo mes do ano en curso, as vendas minguaron un 1,7% no pequeno comercio (excluíndo estacións de servizo). Unha cifra que engadir ao pingo desde hai catro anos, de perda de vendas no sector.

O mesmo acontece co emprego, que nestes últimos doce meses descendeu nun 2,7 por cento. Algo que choca co sector de grandes superficies, onde o traballo aumentou (a nivel de Estado) nun 2,6%.

A Federación Galega de Comercio fala de 17.000 locais pechados nestes catro anos

Mais eses datos veñen a se engadir aos anteriores meses e estes aos precedentes..e así até 37, que son os que leva o pequen o comercio vendo como caen as vendas, segundo o INE

A Federación Galega do Comercio calculaba, en xuño, que o número de pequenos negocios que tiveron que pechar no país ao longo destes catro ou cinco anos fora de por volta de 17.000 E a iso engadían que os empregos perdidos no sector nese mesmo período eran duns 43.000.

Alén da crise, medidas adoptadas polo goberno como a suba do IVE ou ben a liberalización horaria e rebaixas todo o ano supuxeron un “tiro de graza” ao sector.

Comentarios