O sector lácteo retoma os protestos ao se manter os baixos prezos

Dúas industrias francesas, Lactalis e Danone, no albo dos gandeiros por manter os contratos á baixa. Os produtores non descartan intensificar as mobilizacións e recoñecen sentirse enganados polo goberno.

Protesto leite gandeiros OPL
photo_camera Imaxe: OPL

O sector lácteo retoma as mobilizacións. Dous meses despois dos acordos asinados en Madrid baixo auspicio do Ministerio -e sen apoio de parte dos gandeiros galegos- non hai resultados positivos: os prezos seguen baixos, fechan unha media de 80 granxas cada mes,... Por iso, volven os protestos.

Esta quinta feira, gandeiros da OPL repartiron gratuitamente mil litros de leite na Alameda de Compostela. Foi un acto “simbólico”, recoñecen os produtores, mais que pode ir a máis se non hai cambios. Nesta liña, sinalan a dous industrias francesas asentadas no país: Lactalis (a principal operadora en Galiza) e Danone. O motivo? Que se están a trasldar contratos a un prezo de por volta de 27 céntimos, segundo informa Campo Galego. De aí que vaia a haber conversas e contactos entre os produtores para ver que medidas e accións tomar.

Comentarios