O sector galego do transporte non garante o abastecemento no Nadal

Apetamcor afirma que faltan profesionais e destaca o aumento dos custos.
Dous camións pasando pola AP-9 (Foto: Arxina).
photo_camera Dous camións pasando pola AP-9 (Foto: Arxina).

A Federación Galega de Transportistas-Apetamcor, organización maioritaria das pequenas e medianas empresas e persoal autónomo do transporte de mercadorías por estrada da Galiza, denuncia que o aumento dos custos de explotación das empresas transportistas nos últimos meses (fundamentalmente o carburante nun 35%) e a non repercusión desta suba nos prezos do transporte que está levando a moitas destas xa a teren que traballar a perdas e por tanto, á súa descapitalización e ruína.

Esta foi a principal queixa que transmitiron á Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galiza, Ethel Vázquez, nunha reunión mantida a pasada segunda feira en Compostela.

A Federación Galega de Transportistas-Apetamcor, organización maioritaria das pequenas e medianas empresas e persoal autónomo do transporte de mercadorías por estrada da Galiza, denuncia que o aumento dos custos de explotación das empresas transportistas nos últimos meses (fundamentalmente o carburante nun 35%) é brutal

Nun comunicado, Apetamcor advirte que “esta situación non é soportábel no tempo moitos meses máis e, de continuar así, pódese desembocar nun escenario onde non sexa posíbel garantir o aprovisionamento e o abastecemento da poboación, agora que comezan as campañas de Nadal”.

Aseguran que esta situación prodúcese porque “até agora unha ampla maioría das empresas cargadoras contratantes dos servizos de transporte son moi reticentes a aceptar unha necesaria actualización de prezos que compense esta suba dos custos”. 

Falta de profesionais do transporte

Desde esta organización aseguran que outro dos  problemas é “a necesidade de reverter a escaseza de condutoras e condutores profesionais”. Ademais, apuntan como “dramática” a situación que viven os transportistas de portavehículos afectados pola convulsa situación que está a vivir o sector da automoción, e os problemas aínda non resoltos derivados da case inexistencia na Galiza de áreas de descanso para as e os profesionais do sector.

Comentarios