A seca obriga a restricións de auga na industria

O Consorcio Augas do Louro restrinxe en 20% o subministro de auga a 85 empresas da contorna de Vigo.

Poligono industrial (Nós Diario)

O Consorcio de Augas do Louro, que abrangue parques empresariais de importancia, como o de Mos ou o da Granxa, acordou restrinxir en 20% o subministro de auga diario a 85 grandes empresas, unha medida que afecta os concellos de Tui, Salceda, Mos e O Porriño.

A decisión adoptada con carácter de urxencia para cumprirse nun prazo de 10 días. A grave situación de alerta por seca comeza a deixarse notar no sector industrial e xa non só no primario. Así, estas 85 grandes consumidoras terán unha restrición de 20% no volume diario de auga e aqueles que consumidores máis de 2 millóns de litros en 2016 pasarán a pagar a tarifa de usuario non doméstico.

Aliás, hai restricións no rego de parcelas e xardíns privados á veciñanza dos concellos que fan parte do Consorcio. Unha medida que amplía a restrición aplicada desde hai un mes en zonas públicas.

Comentarios