Sargadelos ficha a ex directora de Zara Home Eva Cárdenas

Como asesora externa.

EuropaPress_3301412_eva_cardenas_saluda_esposo_alberto_nunez_feijoo_cuarta_toma_posesion álvaro ballesteros europa press
photo_camera Eva Cárdenas saúda Núñez Feixoo (Foto: Álvaro Ballesteros)

O Grupo Sargadelos fichou como asesora externa a que foi directora da tenda de artigos de deseño, fogar e decoración de Inditex, Zara Home, Eva Cárdenas.

Aínda que fontes de Sargadelos non confirman a noticia, outras fontes próximas á empresa si detallan que Eva Cárdenas xa visitou as instalacións da fábrica en Cervo para achegarse á realidade do grupo. Estas fontes enmarcan a fichaxe na intención do grupo de saír a novos mercados.

Eva Cárdenas, parella do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, dirixiu Zara Home desde a súa creación en 2003 até o 2018, tempo no que a marca logrou estar presente en 75 mercados.

Nada en 1965 e graduada en Económicas e Deseño Industrial pola Universidade de Santiago, cun mestrado de Administración e Dirección de Empresas.

A Xunta anunciaba a finais do pasado mes de outubro a súa entrada no Padroado da Fundación Sargadelos.

Comentarios