Sargadelos abónase ao canto peor, peor

Rotas as negociacións entre empresa e sindicato a ameaza de feche da dirección colle cada vez máis forza.

sargadelos

Esta cuarta feira dirección e UXT deron por rotas as negociacións en torno a Sargadelos embora os intentos de emdiación do Consello galego de relacións laborais e esta sexta feira hai asemblea de traballadores para revogar unha delegada de UXT. Dos 49 despedimentos anunciados a mediados de agosto polo administrador único, Segismundo García, xa se levaron a cabo case a metade. A UXT pide a intervención da Xunta e a dirección da empresa reitera ameaza de fechamento da emblemática factoría.

Son días de preocupación e incerteza nos que parece que todo o que poida saír mal, sairá mal. E ese non é o mellor dos escenarios para saír da problemática actual. O sindicato socialista insiste en que a actitude de García é propia dun empresario do século XIX e que hai propostas que fai que non son legais. Este, o administrador único, carga contra o sindicato ao que responsabiliza da situación da empresa.

Desde UXT sitúan a orixe deste conflito cando “O Amo”, como designan a García, obrigou os empregados e empregadas a traballar media hora diaria máis e sen remunerar. Esta traballadora opúxose e foi despedida. Denunciou na xustiza e gañou: a empresa tivo que readmitila e indemnizala.

Segismundo García, mariñao, tivo negocios en diversos campos, desde a construción e hotelería até nunha cadea de droguerías con presenza na Mariña e o Navia asturiano. O agora administrador único foi o maior accionista individual -20% da propiedade- e quen se opuxo a aquel proxecto de Isaac Díaz Pardo a inicios de século de concentrar a propiedade e dirección de todas as empresas do grupo nunha Fundación, que tería 51% das accións de todas

Comentarios