O Santander: 3.752 millóns de euros de beneficios en 2018, ERE para 3.713 empregos en 2019

“A existencia de tres redes a nivel galego, Santander, Pastor e Popular, fará que a reestruturación sexa especialmente dura en Galiza”, advirte a CIG.

 

ere banco santander poupular pastor imaxe da CIG

A reestruturación que prepara o Banco Santander pode ter un forte impacto na Galiza. Así o considera a CIG, que alerta que a existencia de tres redes a nivel galego, a do Santander, Pastor e Popular “fará que a restruturación sexa especialmente dura aquí”. Por iso xa demandou, no seu día, o mantemento do Banco Pastor, afirmando que iso tería permitido manter un maior nivel de emprego. “Pero a dirección desbotou a nosa proposta, sen que a Xunta movese un dedo”.

Santander impulsa un ERE que afecta 3.713 empregos. Unha restruturación “brutal” que pon de manifesto a “avaricia desmedida” dun banco que obtivo beneficios multimillonarios en 2018. O ERE afectará a 3.713 persoas e pecharán 1.150 oficinas, 57 xa a partir do 21 de xuño, 1 delas en Galiza, segundo se informou nesa xuntanza na que a CIG preguntou pola afectación a nivel galego, que non foi negada.

A entidade prevé ter pechadas, a 31 de decembro deste ano, 1.129 oficinas universais, das que a carga de traballo de 200 pasaría a ‘axentes comerciais’ e 21 de banca privada, todas de orixe Banco Popular. Isto afectará, segundo a sección sindical da CIG, a 2.847 persoas na rede comercial, a 588 na rede de apoio e a 278 nos servizos centrais, onde habería 15 unidades afectadas.

Comentarios