Sanidade autoriza a avícola Avigal a reanudar a súa actividade tras o brote con 110 casos, 78 da empresa

O departamento confirmou o "cumprimento das medidas e protocolos preventivos do coronavirus que se pautaron para atallar as cadeas de contaxios".
Nave de Avigal (Nós Diario)

A Consellería de Sanidade autorizou á empresa Avícola de Galiza (Avigal), radicada en Cambados, a reanudar a súa actividade após cumprir cos labores de desinfección a fin de semana despois do brote de Covid-19 detectado, que suma 110 casos, deles 78 da empresa.

Así o informou a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que explicou que desde o inicio do brote na empresa Avigal, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra computou "un total de 110 casos de traballadores e familiares", que continúan coa súa evolución, deles "78 casos da empresa e 32 relacionados".

As mesmas fontes sanitarias explicaron que Sanidade confirmou o "cumprimento das medidas e protocolos preventivos do coronavirus que se pautaron para atallar as cadeas de contaxios", ao intensificar en pasadas datas a limpeza e desinfección, "tanto en fábrica como en zonas comúns".

Segundo explicou Sanidade, corroborou, após a detección de "numerosos casos de coronavirus nos cribados realizados en pasadas datas na empresa Avigal", que as medidas preventivas complementarias adoptadas durante a pasada fin de semana pola instalación avícola "reforzaron as implementadas desde o inicio do brote", que se centraban na redución da produción, a realización do test rápidos a traballadores --incluídos os de nova incorporación--, a subministración de material de protección, así como as limpezas e desinfeccións periódicas.

Comentarios