Os salarios suben 2% na Galiza

Sitúase de media en 1.663 euros no primeiro trimestre, 210 euros menos que no Estado español.

salario-minimo-2014

Entre xaneiro e marzo o custo salarial (que comprende todas as remuneracións, tanto en metálico como en especie) subiu na Galiza en 2% respecto ao primeiro trimestre de 2018, situándose en 1.663,01 euros mensuais por traballador e traballadora. Un aumento o deste trimestre superior á media española (foi de 1,7%) mais o salario galego continúa a estar moi por baixo do salario medio no estado español, que é de 1.876 euros. Son, pois, 210 euros mensuais menos.

Son dados do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicados esta terza feira, e nos que tamén se informa do  custo laboral medio por traballador e mes (que inclúe as remuneracións e as cotizacións sociais) e que na Galiza ascendeu a 2.317euros no primeiro trimestre, 3,2% máis que no primeiro trimestre de 2018. O custo laboral no noso país continúa a ser inferior á media española, que se situou en 2.550,27 euros.

Os dados a nivel de Estado indican importantes fendas por sectores. Así, o custo laboral por traballador e mes é nas actividades de subministro de enerxía de 6.600 euros mentres que na hostalaría fica en 1.511 euros.

Comentarios