Os salarios medios galegos son peores que os españois en todos os sectores, agás pesca e agricultura

Só no traballo asalariado no sector primario rexístrase mellor salario medio en Galiza que no Estado. Nas outras nove ramas de actividades, o soldo galego está por baixo.

traballo factoría obreiro CC BY-3.0-ES 2012EJ-GVIrekia-Gobierno VascoMikel Arrazola

A fenda económica entre Galiza e España ensanchouse coa crise, un alargamento que deixou pegada en cuestións como o salario medio anual, que na Galiza está por baixo da media do Estado en todos os sectores agás no primario. E non debemos esquercer que nesta actividade é pouco significativa, dada a escasa entidade do emprego asalariado na mesma, onde boa parte dos e das traballadoras figuran noutros rexistros. No resto dos sectores as maiores diferenzas prodúcense en 'Información e comunicacións' e 'Entidades financeiras', que superan os 5.900 euros e 4.300 euros anuais, respectivamente.

Na 'industria extractiva, enerxía e auga'. O soldo anual medio galego é un 2% inferior ao español (por colta de 700 euros menos anuais), mentres que no sector da 'Industria' esa fenda entre un salario medio español e un galego é do 11% (máis de 2.500 euros ao ano). Na 'Construción e actividades inmobiliarias' tamén os emolumentos medios no Estado español son superiores aos galegos, se ben cunha diferencia moito menor (apenas un 0,2%). En 'Servizos ás empresas' esa diferencia no salario anual no Estado e na Galiza supera os 2.000 euros anuais, mentres que en 'Servizos sociais' o salaro medio dun galego é de 740 euros menos.

No ano 2014 o salario medio oscila entre o mínimo da Agricultura, gandería, silvicultura e pesca en España (5.980 euros anuais) e Outros servizos persoais e de ocio (8.112 euros) en Galiza e o máximo da rama Entidades financeiras e aseguradoras. Nesta última rama, o salario medio no período 2009-2014 diminúe un 4% en España, mentres que en Galiza faino nun 16%

Comentarios