O salario medio en Madrid é 470 euros máis alto que en Galiza

O galego é o quinto salario máis baixo do Estado, cunha media de 1.728 euros -non sempre repartida de forma ecuánime- moi lonxe dos 2.198 que se cobran en Madrid, segundo os datos do INE.

diñeiro-320 px
photo_camera diñeiro-320 px

O salario bruto medio mensual en Galiza en 2013 foi o quinto máis baixo de todo o Estado, con 1.728,7 euros, o que supón un descenso fronte aos 1.758 euros (-1,66%) de 2012 e aos 1.786,9 euros de 2011 (-3,25%), segundo a enquisa de salarios que elabora o Instituto Nacional de Estatística (INE) a partir dos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA).

Desta forma, Galiza foi unha das cinco comunidades que rexistrou un descenso do salario bruto medio mensual en 2013 fronte a 2012, e, en concreto, tivo o cuarto maior descenso (-1,66%), só superado por Murcia (-8,8%); Melilla (-5%) e Aragón (-2,3%).

Así mesmo, os salarios brutos galegos mensuais foron os terceiros que máis caeron entre 2011 e 2013 (-3,25%), só por detrás de Melilla (-21,3%) e Murcia (-8,6%).

O salario medio mensual bruto no Estado foi de 1.869,1 euros en 2013, o que supón 140,4 euros máis que a media de Galiza (1.728,7 euros), que se sitúa lonxe das medias máis altas de Madrid (2.198 euros) -o que supón 470 euros máis que Galiza-; Euskadi (2.162 euros) e Navarra (2.126,4 euros).

Comentarios