28-M

Rueda continúa en Moaña a campaña do PP co seu candidato á Alcaldía da localidade, Javier Carro

O punto de encontro foi a Praza de Abastos e de aí trasladáronse até o paseo marítimo, pasando despois polas rúas Concepción Arenal, As Barxas e Don Donato.
Rueda e Carro esta sexta feira en Moaña (Foto: PP).
photo_camera Rueda e Carro esta sexta feira en Moaña (Foto: PP).

O presidente do PP na Galiza, Alfonso Rueda, e o presidente do PP de Pontevedra, Luis López, mantiveron esta tarde un encontro co candidato á alcaldía de Moaña, Javier Carro, e con varios membros da súa candidatura, cos que realizaron un percorrido a pé polo centro da vila.

O punto de encontro foi a Praza de Abastos e de aí trasladáronse até o paseo marítimo, pasando despois polas rúas Concepción Arenal, As Barxas e Don Donato.

“Ilusión”

No marco desta visita, o alcaldábel tivo a oportunidade de” trasladarlle a ambos dirixentes da súa formación a ilusión e as súas ganas coas que el e o seu equipo afrontan a campaña electoral”.

“Co obxectivo de dotar o concello dun goberno que permita deixar atrás as palabras baleiras e as confrontacións e apostar por un proxecto para todos, que volva facer avanzar a Moaña e teña centro ás persoas”.

Confianza

Trasladoulles ademais algunhas das propostas coas que “aspira a obter a confianza maioritaria dos veciños o próximo 28 de maio, como son a construción dunha residencia de maiores ou a creación dunha rede de locais e estabelecementos de protección e apoio para os menores, con distintivo LGBT ante situacións de emerxencia”.

Así como outras medidas no eido deportivo, cultural, turístico e de apoio ao comercio local.

Comentarios