“Rosa Quintana infravalora a cidadanía galega”

O sector do mar da Ría de Arousa, a través da PDRA, agradece o apoio á mobilziación do 27F, lamenta que a conselleira fale de 'politización', e incide na unidade do sector do mar para facer fronte ás políticas lesivas.

[Imaxe: GZContrainfo] Manifestación do mar
photo_camera [Imaxe: GZContrainfo] Manifestación do 27F

A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA), que agrupa a organizacións de mariñeiros, bateeiros e mariscadoras, así como colectivo, veciñais, sociais, veciñais, sindicais e ambientalistas; considera un éxito a mobilización do 27F, con 40.000 persoas a percorrer Compostela. Esta plataforma considera que ante unha resposta como a dese día, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, debería “recoñer as súas responsabilidades”. Mais non o fixo, din, e optou por se enrocar, mesmo acusando de politización. “Rosa Quintana non quere asumir a trascendencia da mobilización e segue na súa liña de insultar á intelixencia e a dignidade dos milleiros de persoas que nos manifestamos en Compostela”, manifesta a PDRA, que considera que a conselleiran “decididamente infravalora a cidadanía galega”.

“Resaltar que grazas á unidade do sector temos conquerido algo moi importante: a retirada do anteproxecto e a mobilización máis relevante da historia recente”, manifesta a plataforma, que anuncia que seguirá coa loita para acadar os obxectivos defendidos no manifesto.

Conclúe a plataforma valorando o anuncio realizado pola Consellería do Mar de convocar ao Consello Galego da Pesca como “unha reacción forzada para intentar mellorar a súa imaxe de diálogo social”, e lembra que ese Consello “leva no esquecemento, sen ser convocado mais de tres anos. Nunca interesou a esta Consellería escoitar as demandas do sector nin actuar consonte a elas”. 

Comentarios