Ritz Carlton seduce Xosé García Costas

Ritz Carlton confirma o acordo con PMI, filial de Pemex, e o grupo Albacora para facerse co control do estaleiro Hijos de J. Barreras e ofrece a García Costas sumarse ao acordo.

O expresidente de Barreras, José Garcia Costas (Paula Justo / Europa Press)
photo_camera O expresidente de Barreras, José Garcia Costas (Paula Justo / Europa Press)

Xa é oficial. A compañía Ritz-Carlton ven de confirmar o acordo acadado con PMI, filial da petroleira mexicana Pemex e accionista maioritario, e o grupo Albacora para facerse co control do estaleiro vigués Hijos de J.Barreras. O que non aclara e se se fai coas súas participacións (51% e 24,5% respectivamente) a través dunha compravenda ou dunha inxección de capital que serviría para cubrir o sobrecusto do cruceiro que está a construír no estaleiro.

A través dun comunicado, Ritz-Carlton destacou que a operación «resolve a actual situación de Hijos de J. Barreras e permite que recomece o futuro do estaleiro» e deixa a porta aberta a que se sumen a el «os que até o momento non decidisen participar nesta solución», en clara alusión ao ex presidente e accionista Xosé García Costas, para quen a compañía deixa «a porta aberta para facelo no futuro».

Ritz-Carlton controlará máis de 75% do estaleiro vigués a través da súa filial Cruise Yatch Upper Holdco Limited. A empresa prevé renovar todo o equipo directivo «incluídos os administradores», aos que se lles encargará «asegurar a finalización do Evrima», o seu cruceiro de luxo, pero tampouco aclaran que solución lle darán aos contratos de Havila e Grupo Armas.

Comentarios