Reticencias dos empresarios do naval sobre a existencia dun acordo con Pemex

O conselleiro Javier Guerra afirma que "algunhas negociacións e procesos non poden facerse públicas"
Asteleiro
photo_camera Asteleiro

Hai dúbidas, e non poucas, sobre que a Xunta teña un principio de acordo coa mexicana Pemex para que parte da súa flota de apoio se constrúa en estaleiros galegos. E dúbidas que mesmo agroman no tecido empresarial do naval. Por iso, o propio conselleiro de Economía e Industria, tivo que tranquilizar aos empresarios nun acto en Vigo. Javier Guerra firmou que ese principio de acordo “é real”, aínda que desbotou dar máis datos pois “"algunhas negociacións e procesos non poden facerse públicas".

Guerra botou balóns fóra e sinalou que Joaquín Almunia, Comisario Europeo para Asuntos Económicos e Monetarios, "enganou" o sector e que a Xunta traballa nunha demanda para "defender" o dereito a competir do naval.

Guerra botou balóns fóra e sinalou que Almunia "enganou" o sector

Núñez Feijóo voltou de México, onde formou parte do séquito de Rajoy, co anuncio de que en contactos de “alto nivel” xa se tiña chegado a un principio de acordo coa potente Pemex (Petróleos Mexicanos), cuxas vendas superan os 100.000 millóns de dólares anuais, para que buques da súa flota menor se construísen en estaleiros da Galiza. Días despois, voceiros da propia Pemex rebaixaban o peso deses contactos para un acordo a simples conversas e declaracións de intencións.

Os sindicatos UGT, CCOO e CIG convocaron para o vindeiro sábado 12 de maio unha manifestación en Vigo en defensa do sector naval galego.

Comentarios