O das caixas galegas, entre os 4 resgates bancarios que máis custaron ás arcas públicas

O Tribunal de Contas cifra en 60.718 millóns de euros o custo público do resgate bancario. Máis de 9.150 millóns para NovaGaliciaBanco (NGB).

NGB
photo_camera NGB

O resgate de NovaGaliciasBanco (NCGB), a entidade resultante do proceso de fusión das caixas galegas, foi a cuarta que máis recursos das racas públicas precisou durante o proceso de resgate bancario, un proceso en cuxo cerne latexaba a concentración e centralización de entidades financeiras. Máis de 9.150 millóns de euros se destinaron a esta operación, cantidade que non foi recuperada na súa totalidade.

A entidade que máis recursos precisou foi Cataluña Caixa, á que o Estado tivo que darlle máis de 12.670 millóns de euros. Bankia á que houbo que aportalle máis de 12.340 millóns de euros, e o Banco CAM que necesitou 11.000 millóns completan as catro principais.

Este balance do Tribunal de Contas abarca o periodo 2009 a 2015. Posteriores operacións do FROB podería aumentar ou diminuir esta cantidade. O informe critica precisamente ao FROB xa que non determinou os criterios financieiros, fiscais e de oportunidade nesta operación de rescate.

Comentarios