A renda per cápita entre concellos galegos: a fendedura que non para de medrar

O ingreso medio por cabeza dun veciño dun muncipio como Oleiros triplica o dun que viva en Cervantes. Máis de 23.000 euros anuais de diferenza que marcan a físgoa que existe en Galiza.

Galiza betanzos xeografía vila cidade territorio

Un recente informe da Axencia Tributaria española sitúa Oleiros como o concello con maior renda per cápita de Galiza, con 34.698 euros. Moi por riba da media galega (que situaban en 21.394 euros) e mesmo da española (24.600 euros). Este municipio lidera a lista dos concellos con maior ingreso por cabeza do noso país, seguido das Pontes de García Rodríguez (29.298 euros), A Coruña (26.450) e Nigrán, con 26.314 euros.

Mais neste informe, que analiza a situación de 288 concellos galegos, que que superan os mil habitantes, tamén recolle a outra cara da moeda. A daqueles municipios cunha renda per cápita moi distanciada xa non da dos concellos antes citados, mesmo tamén da media galega. Cervantes, con pouco máis de 11.000 euros anuais, Toques, con 11.497; e Baltar, con 12.334; son tres exemplos reflectidos no documento da Axencia Tributaria. Entre Cervantes e Oleiros a fenda na renda per cápita é dun 330%.

Das 53 comarcas en que se divide Galiza só 11 teñen un produto interior bruto (PIB) por habitante que iguala ou supera a media do país.

Mais este informe non descobre nada novo. En todo caso vén achegar novos datos e cifras a unha tendencia que non é de agora e que nos últimos anos foise alargando: a diferenza que se está a sentar no noso país entre zonas economicamente dinámicas, poboadas e xeradoras de riqueza con outras abandonadas e empobrecidas.

No Mapa de Ingresos por Fogar que elabora o Instituto Galego de Estatística só 5 das 20 áreas en que o IGE divide o noso territorio chegan ou superan a media galega. Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra e Vigo. O tresto fican por baixo. Algunhas fican moi por baixo deses ingresos medios por fogar de Galiza, como son as de Ourense Sur (comarcas de  Limia, Baixa Limia, Terra de Celanova, Verín e Viana). Aí eses ingresos son un 30% inferiores aos da área da Coruña.

Comentarios