Os recursos do mar galego son quer de 'Augas Portuguesas' quer de 'Baía de Biscaia' para a normativa da UE

O Parlamento insta o goberno galego a promover unha modificación normativa na UE que recoñeza a orixe galega na etiquetaxe dos produtos mariños.

mar pesca flota barco peixe

A comisión de pesca do Parlamento aprobou por unanimidade unha proposición non de Lei para incluír a orixe galega na etiquetaxe dos produtos do mar. O portavoz socialista de pesca, José Ramón Val, advertiu que a normativa comunitaria actual divide os produtos galegos entre “Augas Portuguesas” –de Fisterra ao Sur- e “Baía de Biscaia” –ao leste de Fisterra-. O que implica a marxinación dunha riqueza, os recursos mariños, que fan de Galiza unha potencia no sector mais que non ten tradución a nivel de identificación.

Así, a Cámara galega vai instar o goberno galego a que promova unha modificación normativa diante da UE “para que os consumidores poidan ter acceso a toda a información sobre o que consumen e onde se especifique claramente Galiza como lugar de orixe”. Explicou que a situación actual “está a xerar xa graves problemas aos produtores galegos que tratan de diferenciar o seu produto para poder comercializalo cun mellor prezo”.

“Fraude”

O BNG solicitou á Xunta que actúe contra a “fraude” na etiquetaxe de produtos do mar. O parlamentario naciuonalista Daniel Rodas defendeu unha Proposición non de lei instando á Xunta a levar a cabo as inspeccións oportunas para que nos supermercados se retiren as conservas que figuren coa denominación “Rías Gallegas”, “fabricado en Galicia” co fin de impedir a fraude a persoas consumidoras. 

Comentarios