Os soldos máis baixos apandan co peso dos recortes salariais

Un informe do Instituto Nacional de Emprego advirte de que vai a máis a fenda entre salarios máis altos e máis baixos. As quedas salariais máis fortes danse no 30% dos e das traballadoras que menos gañan.

O salario medio do 10% d@s traballador@s do Estado español que menos gañan é de 423 euros ao mes. O soldo medio do 10% dos que máis gañan é de 4.76,20 euros mensuais. A fenda é de 10,58 (en 2011 non chegaba a 9).

Estes datos dun informe do INE mostran como a fenda salarial vai a máis coa crise no Estado español. Outro dato do estudo: o 10% dos e das traballadoras que menos cobran gañaron un 8,12% menos en 2012 que en 2011. Segundo sinalan na Cadea Ser, “só se aprecian quedas salariais de importancia no 30% dos traballadores que menos cobran”, isto apunta a que a devaluación salarial concétranse nos salarios máis baixos e as desigualdades van a máis.

O salario medio en Galiza, segundo o IGE, era de 20.242 euros en 2010. No Estado español é de máis de 22.800 euros. Unha fenda que existe en todos os tramos. Así, na categoría de 'director e xerente' o soldo medio é de 51.065 euros en Galiza, mentres que no Estado español é de 56.602 euros.

En 'operadores de instalacións e maquinaria' a fenda é de máis de 2.000 euros (17.800 en Galiza fronte os 20.316 no Estado) e en 'traballadores cualificados' esa diferenza ronda tamén os 2.000 euros anuais.

Comentarios