Rajoy prepara un axuste en funcionarios e pensionistas

As medidas buscarían aforrar 30.000 millóns de euros. Serian despois da reunión do Eurogrupo.
Mariano Rajoy

Segundo publicou a axencia Reuters, fontes achegadas ao goberno español sinalaron como moi probábel que se realicen varios axustes por un valor de 30.000 millóns de euros. Os problemas da banca privada española levarían a Rajoy a tomar decisións que até o de agora non estaban contempladas: baixar o soldo aos funcionarios e ás prestacións por desemprego, pechar televisións públicas e tocar as pensións.

As medidas: baixar o soldo aos funcionarios e ás prestacións por desemprego

 

Este paquete de medidas coincidiría co período vacacional, un dos de menor actividade política e sindical. As fontes consultadas pola axencia de comunicación apuntan que hai diferenzas no propio goberno ao redor de como facerlle fronte a esta dífícil situación.

Comentarios