Quere Gadis mudar @s caixeir@s por máquinas de cobro automáticas?

En xullo, a empresa galega Gadisa instalou caixas de autoservizo nalgúns dos seus estabelecementos. A CIG advirte de que a medida é positiva sempre que o obxectivo sexa facilitar a laboura d@s traballador@s; substituíl@s sería "inadmisíbel".

cig
photo_camera [Imaxe: CIG]


A empresa galega Gadisa instalou no mes de xullo varias máquinas de autoservizo para que a clientela pague a compra que fai nos supermercados Gadis sen ter que pasar por unha caixa, isto é, sen necesidade de ser atendida por un ou unha traballadora.

A mesma medida, que Gadisa implementou polo de agora só nalgúns supermercados, fuciona xa noutras cadeas de alimentación como Alcampo.

No marco da Campaña polo Emprego, o sindicato CIG concentrouse diante dun Gadis ubicado en Compostela. Detrás dunha faixa en que podía lerse 'Sen emprego non hai futuro' --lema da mobilización nacional deste sábado e das Marchas polo Emprego que decorrerán durante toda a semana--, ducias informaron das consecuencias que pode carrexar a instalación destas máquinas, que contan co visto e prace de quen compra ao non ter que agardar para pagar.

Porén, a central nacionalista advertiu de que a medida será positiva se o obxectivo é facilitar o traballo d@s caixeir@s, mais considera "inadmisíbel" que est@s profesionais sexan substituíd@s por un sistema de cobro automático. 

Cunha cifra de persoas no desemprego que na Galiza acariña as 300.000, o sindicato solicitou a colaboración da cidadanía para que non fagan uso destas máquinas autoservizo, que funcionan tamén en gasolineiras ou nas portaxes das autovías, para evitar que acaben substituíndo obreir@s destes estabelecementos. 

 

Comentarios