O director de PSA en Vigo, que pide “conxelación salarial” para o persoal, di que fecharán o ano “francamente ben”

Ignacio Bueno afirma que a planta producirá ao “máximo que poida fabricar” o novo modelo Peugeot 2008. Síntoma de que a factoría vai ben. Porén, recentemente apostaba na "contención salarial" para traballadores e traballadoras da planta.

Operaria de PSA Citröen en Vigo  [Imaxe: Europa Press]
photo_camera Operaria de PSA Citröen en Vigo [Imaxe: Europa Press]

A factoría do Grupo PSA en Vigo vai fechar 2019 “francamente ben”. Así o manifestou Ignacio Bueno, director da factoría viguesa, que sinala o ´”éxito inicial” do novo modelo que se ensambla na cidade olívica, o Peugeot 2008.

Hai unha semanas, a finais de setembro, o propio Ignacio Bueno apontou a necesidade dunha conxelación nos salarios. A CIG lembroulle que non se podía falar de conxelar soldos para os e as traballadoras mentres a dirección “ingresa soldos millonarios”. Desde a CUT consideraban que Bueno estaba a apontar cara a unha “nova conxelación salarial como a de 2014”.

Desde a dirección do grupo en Vigo tense afirmado en máis dunha vez que o custo laboral representaba 50% da fabricación dun vehículo, retrucándolle os sindicatos que iso non era certo e que representaba 11%, segundo análises e estudos de universidades e a propia patronal.

Comentarios