Protestas do persoal do Banco Santander na Coruña malia os enormes beneficios

“A entidade prevé levar adiante un ERE a pesar das ganancias millonarias e das abusivas xornadas laborais”, denuncia a CIG, que constatou presións a vari@s operari@s

photo_camera Concentración ás portas do eficición do Banco Santander na Coruña

Nin sequera os bancos que presumen de boa saúde financeira e dunhas contas positivas saídas das súas discutidas actividades conteñen a voracidade de despedimentos que avala a nova lexislación laboral. Así, traballadoreas do Banco Santander-Banesto realizaron unha protesta diante da Oficina Urbana 7 da Coruña en contra do inicio dos despedimentos do ERE executado recentemente polo grupo bancario. Dende a CIG sinalaron que a empresa,” a pesar dos beneficios obtidos e por causas económicas non explicadas, decidiu fusionar as tres marcas do grupo (Santander, Banesto e Baniff) e ao amparo desta medida aplicar unha regulación de emprego”.   

“Queren despedir a parte do persoal a pesar das súas ganancias millonarias e as abusivas xornadas laborais”, quéixase a central nacionalista, que engade que “no marco das negociacións deste expediente, os sindicatos españois e os verticais asinaron uns acordos, baseados nun suposto principio de voluntariedade moi elástico e que non recolle limitación de afectad@s. A entidade pretende botar xente e unha vez completada a lista e co número definitivo de despedimentos iniciar o procedemento legal”.

Segundo o responsábel da Sección Sindical da CIG no Banco Santander, Manuel Valcárcel, “nas últimas semanas varios traballadores da entidade en Galiza recibiron a visita do departamento de Recursos Humanos, que 'animaron' a este persoal a coller unha baixa voluntaria, indicándolle que o banco non conta con eles nin agora nin no futuro e advertindo de que as condicións do despido serán peores máis adiante”. 

Comentarios