Feijóo retoma as promesas fiscais que fixo en 2009 e non cumpriu no goberno

Feijóo ven de prometer en campaña non subir impostos e até cinco rebaixas fiscais para colectivos como o d@s emprendedor@s. Mais na lexislatura que vén de finalizar o seu Goberno non cumpriu coa redución de trávames prometida na anterior campaña, creou novas taxas e impostos (sobre a auga, concesións bateeiras...) e non quixo asumir novas competencias fiscais
Billetes de euro

A campaña electoral sería para predicar e a lexislatura de goberno para dar trigo. Mais con Núñez Feijóo podería decirse que a campaña semella ser para predicar e a lexislatura de goberno para incumprir, matizar, desculpar, negar ou dar a volta ao predicado. Nos primeiros días da presente campaña o candidato do PP presentou en Vigo unha seríe de propostas e achegas en materia fiscal  económica. Promesas centradas en que non subirá os impostos e en que fará até cinco rebaixas fiscais que beneficiarán a colectivos coma o dos emprendedores.

Non son promesas moi diferentes das que o candidato fixera en 2009, na campaña que o levou a ser elixido presidente da Xunta. Daquela comprometérase a reducir impostos e mesmo suprimir algúns, mais nestes catro anos esa prédica non deu trigo. Neste mandato establecéronse novas taxas, canons, etc... sobre importantes sectores productivos. Un exemplo é o mexilloeiro (13.000 empregos directos en 3.200 bateas existentes nas rías galegas) ao que se subiu o canon de concesión. Ou o pólémico canon da auga que o PP tentou corrixir a última hora para evitar o malestar de ducias de milleiros de afectad@s. Por poñer só dous exemplos.

 E máis

Tamén en 2009 Feijóo prometera reducir impostos de titularidade autonómica, como o de sucesións e doazóns. Xa no goberno escudouse en dicir que non tiña competencias, o que non era tal.

En canto á recadación, neste tramo final de lexislatura creou unha Axencia Tributaria Galega. Para alén de que haberá que esperar para comprobar a súa efectividade real, desde sindicatos e colectivos xa se alertou de que iso suporía suprimir as funcións de oficinas liquidadoras que se realizan a través dos Rexistro da Propiedade de vilas e cabeceiras de comarcas, o que suporá a perda de 150 postos de traballo.

Débeda

Os recortes e austeridades do goberno do PP tiveron un efecto devastador en sanidade, educación e resto de servizos públicos, para alén de eidos como o emrpego. E non serviron para mellorar a situación das arcas públicas galegas. A débeda da Galiza atinxiu no segundo trimestre de 2012 os 7.627 millóns de euros, representando xa o 13,3% do PIB do país. Ademáis, esa cifra é a máis alta da serie histórica. Nos últimos 12 meses, a débeda da comunidade aumentou por riba do 10 por cento, segundo os datos feitos públicos polo Banco de España. 

Comentarios