A produción industrial na Galiza cae en 11%

É o maior descenso entre os territorios do Estado.

Poligono industrial (Nós Diario)

O Índice de Produción Industrial (IPI) caeu na Galiza en abril en 11,4% a respecto do mesmo mes de 2018. É o maior descenso en termos interanuais entre os territorios do Estado. A media española na caída na produción nestes doce meses é  de 2%.

Son xa cinco meses consecutivos de descenso no IPI para Galiza. O noso país rexistrou o seu último dato positivo en produción industrial o pasado mes de novembro.

Entre xaneiro e abril do presente ano Galiza acumula unha baixada de 7,2% o que é o peor dado de todo o estado, segundo os rexistros do Instituto Nacional de Estatística (INE). Nestes catro meses a media no Estado español foi de 0%, non variou.

Comentarios