A produción industrial cae na Galiza en 5,4%

O impacto da crise polo coronavirus racha con catro meses consecutivos de subas interanuais.

industria

A produción industrial galega caeu un 5,4% en marzo en comparación co mesmo mes de 2019, segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE). Este retroceso é menor que a caída que se produce no Estado (-10,2%). .

No caso galego, non se producía unha baixada tan elevada desde agosto de 2019. No Estado, levaba tres anos sen unha diminución tan acusada.

Con todo, no acumulado do ano -entre xaneiro e marzo- Galiza está en datos positivos de produción industrial por unha décima (+0,1%), o que contrasta coa baixada do 5% no Estado.

A entrada en vigor do estado de alarma provocou que moitas empresas fechasen a mediados de marzo ou reducisen a intensidade da súa produción.

Comentarios