Ambuibérica

Primeira xornada de greve da concesionaria do transporte sanitario urxente do 061

Piden o cumprimento do convenio colectivo e denuncian a falta de persoal, o exceso de horas e os salarios por debaixo do convenio.

16-06-16 Ambuiberica.grande

Os traballadores de Ambuibérica inician a primeira das dúas xornadas de greve que convocaron nesta empresa concesionaria do servizo de transporte sanitario urxente do 061. A CIG lembra que Ambuibérica é a concesionaria con maior peso en Galiza nese servizo. Piden o cumprimento do convenio colectivo e denuncian a falta de persoal, o exceso de horas e os salarios por baixo de convenio. O representante da central nacionalista, Inácio Pavón, responsabilizou da situación na que se atopa o persoal de Ambuibérica, por unha banda á propia empresa e, pola outra, á Xunta de Galiza, da que dependen tanto a consellaría de Sanidade como o 061 que “son quen teñen que garantir que se cumpran as condicións laborais e a prestación do servizo coa maior calidade posíbel”, explicou.

O sindicato afirma que Ambuibérica gañou os concursos en Galiza porque “aquí fixeron rebaixa nos lotes aos que se presentaron e agora queren que paguen as traballadoras e  traballadores”. Ademais denunciou que a maioría das novas contratacións que se están facendo son en prácticas, consalarios dun 60 ou 75% dos regulados en convenio. “Estanse precarizando as condicións laborais da xente e hai traballadores que facendo as mesmas xornadas que os outros cobran só 700 ou 800€. Nós non dicimos que non se fagan contratos en prácticas, pero si que se regulen e limiten”.


 

Comentarios