Leve caída do prezo da luz: así se paga hoxe o megawatt/hora

O prezo máximo para esta terza feira darase entre as 9 e as 10 horas, mentres o mínimo será de 16 a 17 horas.
A luz é hoxe 27 veces máis cara que o 9 de maio de 2021. (Foto: Andrey Popov)
photo_camera A luz é hoxe 27 veces máis cara que o 9 de maio de 2021. (Foto: Andrey Popov)

O prezo medio da luz para as persoas clientas de tarifa regulada vinculadas ao mercado grosista baixará esta terza feira 8,17% a respecto da segunda, até os 240,58 euros por megawatt e hora (euros/MWh), segundo datos do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

Este prezo é o resultado de sumar a media da poxa no mercado grosista á compensación que pagará a demanda ás centrais de ciclo combinado pola aplicación da 'excepción ibérica' para limitar o prezo do gas para a xeración de electricidade.

Deste modo, o prezo da luz é hoxe 53,5% máis elevado que hai xusto un ano, o 20 de setembro de 2021, cando o megawatt/hora custaba uns 156,75 euros de media.

Na poxa, o prezo medio da luz no mercado grosista, o denominado pool, sitúase para esta terza en 149,47 euros/MWh. O prezo máximo rexistrarase entre as 9 e as 10 horas, con 191,85 euros/MWh, mentres que o mínimo para a xornada, de 124,50 euros/MWh, darase entre as 16 horas e as 17 horas.

A este prezo do pool súmase a compensación de 91,11 euros/MWh ás gasistas que ten que ser abonada polos consumidores beneficiarios da medida, os da tarifa regulada (PVPC) ou os que, malia estaren no mercado libre, teñen unha tarifa indexada.

En ausencia do mecanismo da 'excepción ibérica' para limitar o prezo do gas para a xeración de electricidade, a electricidade no Estado español custaría de media uns 279 euros/MWh, o que supón 38,4 euros/MWh máis que coa compensación para clientes da tarifa regulada, que pagarán así 13,8% menos de media.

O 'mecanismo ibérico', que entrou en vigor o pasado 15 de xuño, limita o prezo do gas para a xeración eléctrica a unha media de 48,8 euros por MWh durante un período de doce meses, cubrindo así o próximo inverno, período no que os prezos da enerxía son máis caros.

En concreto, a 'excepción ibérica' fixa unha senda para o gas natural para xeración de electricidade dun prezo de 40 euros/MWh nos seis meses iniciais e, posteriormente, un incremento mensual de cinco euros/MWh até a finalización da medida.

Comentarios