Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 5 de setembro

Na poxa, o prezo medio da luz no mercado almacenista (o denominado pool) sitúase para esta segunda feira en 188,53 euros/MWh.
Imaxe de arquivo dunha factura da luz. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)
photo_camera O prezo medio da electricidade volve subir hoxe. (Foto: Alberto Ortega / Europa Press)

O prezo media da luz para os clientes de tarifa regulada vinculados ao mercado almacenista subirá esta segunda feira, 5 de setembro, 25,9% con respecto ao domingo, até os 242,29 euros por megawatt hora (MWh), segundo os datos provisionais do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

Este prezo é o resultado de sumar a media da poxa no mercado almacenista á compensación que pagará a demanda ás centrais de ciclo combinado pola aplicación da 'excepción ibérica' para topar o prezo do gas para a xeración de electricidade.

Na poxa, o prezo medio da luz no mercado almacenista (o denominado pool) sitúase para esta segunda feira en 188,53 euros/MWh. O prezo máximo rexistrarase entre as 21 e as 22 horas, con 277 euros/MWh, mentres que o mínimo para a xornada, de 121,19 euros/MWh, darase entre as 16 horas e as 17 horas.

A este prezo do pool súmase a compensación de 53,76 euros/MWh ás gasistas que ten que ser abonada polos consumidores beneficiarios da medida, os consumidores da tarifa regulada (PVPC) ou os que, a pesar de estar no mercado libre, teñen unha tarifa indexada.

Impacto da 'Excepción Ibérica'

En ausencia do mecanismo da 'excepción ibérica' para topar o prezo do gas para a xeración de electricidade, o seu prezo no Estado español estaría de media nuns 296,13 euros/MWh, o que supón uns 54 euros/MWh máis que coa compensación para os clientes da tarifa regulada, que pagarán así 18,1% menos de media.

O 'mecanismo ibérico', que entrou en vigor o pasado 15 de xuño, limita o prezo do gas para a xeración eléctrica a unha media de 48,8 euros por MWh durante un período de doce meses, cubrindo así o próximo inverno, período no que os prezos da enerxía son máis caros.

En concreto, a 'excepción ibérica' fixa unha senda para o gas natural para xeración de electricidade dun prezo de 40 euros/MWh nos seis meses iniciais, e posteriormente, un incremento mensual de cinco euros/MWh até a finalización da medida.

Comentarios