ECONOMÍA

Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 25 de abril

Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 25 de abril

O prezo mínimo desta segunda feira, segundo os datos proporcionados pola Rede Eléctrica de España, darase entre as 15 e as 16 horas, mentres que o máximo será de 20 a 21 horas.

O prezo medio da luz esta segunda feira é de 315,14 euros/MWh. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O prezo medio da luz esta segunda feira é de 315,14 euros/MWh. (Foto: Nós Diario)

prezo medio da electricidade no mercado maiorista sobe esta segunda feira até os 315,14 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta segunda feira darase entre as 20 e as 21 horas, con 408,74 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 238,46 euros/MWh, rexistrarase entre as 15 e as 16 horas.

Esta segunda feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 226,57 euros/MWh.

Deste modo, é case 80 euros máis caro que os 146,95 euros/MWh do domingo, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta segunda feira será 270,88% superior aos 61,09 euros/MWh do 25 de abril de 2021.

Aliás, o prezo medio do mes de marzo fechou en 283,3 euros/MWh, 80 euros por riba de febreiro.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

Máis en ECONOMÍA
comentarios