Este é o prezo da luz por horas de hoxe, o máis barato desde maio de 2021

O prezo máis baixo rexistrouse entre as 2 e as 6 horas da madrugada: 4,12 euros/MWh.
O prezo da luz aumenta alcanzou o máximo deste mes de setembro (Foto: Nós Diario).
photo_camera A luz é hoxe, de media, 94,5% máis barata que un ano atrás. (Foto: Nós Diario)

O prezo medio da luz para as persoas clientas de tarifa regulada vinculadas ao mercado grosista caerá esta sexta feira 59,7% a respecto da quinta, até os 21,12 euros por megawatt e hora (euros/MWh). Así, profunda na caída iniciada desde principios de semana e supón o seu rexistro máis baixo desde o 9 de maio de 2021, antes do inicio da crise enerxética, cando marcara 10,53 euros/MWh. Hai un ano, o 23 de decembro de 2021, o prezo medio da luz ficaba en 383,67 euros/MWh.

Na poxa, o prezo medio da luz no mercado grosista, o denominado pool, sitúase para esta sexta feira en 22,34 euros/MWh. O prezo máximo rexistrarase entre as 20 e as 21 horas, con 67,90 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 4,12 euros/MWh, deuse entre as 2 e as 6 horas, segundo os datos do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

Prezo medio do mercado diario da electricidade. (Fonte: OMIE)
Prezo medio do mercado diario da electricidade. (Fonte: OMIE)

A este prezo do pool súmase a compensación ás gasistas, que ten que ser abonada polos consumidores beneficiarios da medida, os consumidores da tarifa regulada (PVPC) ou os que, a pesar de estaren no mercado libre, teñen unha tarifa indexada, que para esta sexta feira fica en niveis negativos, -1,22 euros/MWh.

A pesar de que o prezo para esta sexta o prezo será o máis baixo de todo o ano, para os clientes de tarifa regulada vinculados ao mercado grosista entre o 1 e o 22 de decembro sitúase aínda en 174,21 euros/MWh de media, fronte aos 116 euros/MWh do mesmo período do mes anterior.

En ausencia do mecanismo da 'excepción ibérica' para topar o prezo do gas para a xeración de electricidade, o prezo medio no Estado español sería duns 102,07 euros/MWh, o que supón 80,95 euros/MWh máis que coa compensación para os clientes da tarifa regulada, que pagarán así 79,3% menos de media.

O 'mecanismo ibérico', que entrou en vigor o pasado 15 de xuño, limita o prezo do gas para a xeración eléctrica a unha media de 48,8 euros por MWh durante un período de doce meses, cubrindo así o próximo inverno, período no que os prezos da enerxía son máis caros.

En concreto, a 'excepción ibérica' fixa unha senda para o gas natural para xeración de electricidade desde un prezo de 40 euros/MWh nos seis meses iniciais, e posteriormente, un incremento mensual de cinco euros/MWh até a finalización da medida.

Comentarios