Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 9 de maio

O prezo mínimo desta segunda feira, segundo os datos proporcionados pola Rede Eléctrica de España, deuse entre as 3 e as 4 horas, mentres que o máximo será de 21 a 22 horas.

A luz é hoxe 27 veces máis cara que o 9 de maio de 2021. (Foto: Andrey Popov)
photo_camera A luz é hoxe 27 veces máis cara que o 9 de maio de 2021. (Foto: Andrey Popov)

prezo medio da electricidade no mercado maiorista sobe esta segunda feira até os 290,9 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta segunda feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 371,48 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 249,27 euros/MWh, rexistrouse entre as 3 e as 4 horas.

Esta segunda feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 208,74 euros/MWh.

Deste modo, experimenta un incremento de case 36 euros a respecto dos 172,39 euros/MWh de media deste domingo, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta segunda feira será 1.882% superior aos 10,53 euros/MWh do 9 de maio de 2021.

Por outra parte, o prezo medio do mes de abril foi de 191,52 euros/MWh, case 90 euros por baixo de marzo, que deixou o rexistro máis elevado da historia (283,3 euros/MWh).

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios