Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 6 de xuño

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta segunda feira darase entre as 21 e as 22 horas, mentres que o mínimo foi entre as 4 e as 5 horas.

Segue en Nós Diario o prezo da luz por horas. (Foto: Nós Diario)
photo_camera A luz é hoxe 183% máis cara que hai xusto un ano. (Foto: Nós Diario)

prezo medio da electricidade coa tarifa regulada sitúase esta segunda feira nos 274,51 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta segunda feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 362,9 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 234,45 euros/MWh, rexistrouse entre as 4 e as 5 horas.

Esta segunda feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 194,94 euros/MWh.

Deste modo, aumenta en apenas un euro a respecto dos 193,65 euros/MWh de media deste domingo, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta segunda feira será 183,06% superior aos 68,87 euros/MWh do 6 de xuño de 2021.

Por outra parte, o prezo medio do mes de maio foi de 187,12 euros/MWh, catro euros menos que o prezo de abril, que foi de 191,52 euros/MWh, e case 90 euros por baixo de marzo, que deixou o rexistro máis elevado da historia (283,3 euros/MWh).

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios