ECONOMÍA

Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 28 de abril

Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 28 de abril

O prezo mínimo desta quinta feira, segundo os datos proporcionados pola Rede Eléctrica de España, deuse entre as 2 e as 3 horas, mentres que o máximo será de 21 a 22 horas.

A luz é esta quinta feira 202% máis cara que na mesma altura de 2021. (Foto: Andrey Popov)
photo_camera A luz é esta quinta feira 202% máis cara que na mesma altura de 2021. (Foto: Andrey Popov)

prezo medio da electricidade no mercado maiorista volve repuntar lixeiramente esta quinta feira até os 311,25 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta quinta feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 395,61 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 253,7 euros/MWh, rexistrouse entre as 2 e as 3 horas.

Esta quinta feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 224,97​ euros/MWh.

Deste modo, experimenta unha suba de catro euros a respecto dos 220,95 euros/MWh da cuarta feira, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta quinta feira será 202% superior aos 74,4 euros/MWh do 27 de abril de 2021.

Por outra parte, o prezo medio do mes de marzo foi de 283,3 euros/MWh, 80 euros por riba de febreiro.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios