Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 27 de maio

O prezo mínimo desta sexta feira, segundo os datos proporcionados pola Rede Eléctrica de España, deuse entre as 2 e as 3 horas, mentres que o máximo será de 21 a 22 horas.

A luz é esta sexta feira 600% máis cara que o 18 de marzo de 2021 (Foto: Rasstock).
photo_camera A luz custa hoxe o dobre que hai xusto un ano. (Foto: Rasstock)

prezo medio da electricidade coa tarifa regulada baixa esta sexta feira até os 252,78 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta sexta feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 341,62 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 202,11 euros/MWh, rexistrouse entre as 2 e as 3 horas.

Esta sexta feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 168,54 euros/MWh.

Deste modo, diminúe 2,74% a respecto dos 173,29 euros/MWh de media desta quinta feira, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta sexta feira será 95,45% superior aos 86,23 euros/MWh do 27 de maio de 2021.

Por outra parte, o prezo medio do mes de abril foi de 191,52 euros/MWh, case 90 euros por baixo de marzo, que deixou o rexistro máis elevado da historia (283,3 euros/MWh).

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios