Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 27 de decembro

O prezo máis baixo deuse entre as 3 e as 4 horas, mentres o máximo será de 18 a 19 horas.
Segue a evolución do prezo da luz en 'Nós Diario' (Foto: Nós Diario).
photo_camera A luz é hoxe 13,9% máis cara que un ano atrás. (Foto: Nós Diario)

O prezo medio da luz para as persoas clientas de tarifa regulada vinculadas ao mercado grosista sobe esta terza feira até os 113,72 euros por megawatt e hora (MWh), o que supón un incremento de 41,6% en comparanza coa segunda feira.

Desta forma, o prezo da luz volve superar a barreira dos 100 euros/MWh, un nivel que non tiña desde o 19 de decembro. O prezo máis barato marcouse o domingo, día de Nadal, con 10,63 euros/MWh, o nivel máis baixo desde maio de 2021.

Na poxa, o prezo medio da luz no mercado grosista, o denominado pool, sitúase para esta terza feira en 109,49 euros/MWh. O prezo mínimo, de 62,09 euros/MWh, deuse de 3 a 4 horas, mentres que o prezo máximo rexistrarase entre as 18 e as 19 horas, con 164,69 euros/MWh, segundo os datos do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). Hai xusto un ano, o 27 de decembro de 2021, a luz custaba de media 96,08 euros/MWh, o que representa un incremento de 13,9%.

A este prezo do pool súmase a compensación ás gasistas, que ten que ser abonada polos consumidores beneficiarios da medida, os consumidores da tarifa regulada (PVPC) ou os que, a pesar de estaren no mercado libre, teñen unha tarifa indexada, que para esta terza fica en 4,23 euros/MWh.

En ausencia do mecanismo da 'excepción ibérica' para topar o prezo do gas para a xeración de electricidade, o prezo medio no Estado español sería de media duns 162,20 euros/MWh, o que supón 48,48 euros/MWh máis que coa compensación para os clientes da tarifa regulada, que pagarán así 29,9% menos de media.

O 'mecanismo ibérico', que entrou en vigor o pasado 15 de xuño, limita o prezo do gas para a xeración eléctrica a unha media de 48,8 euros por MWh durante un período de doce meses, cubrindo así o próximo inverno, período no que os prezos da enerxía son máis caros.

En concreto, a 'excepción ibérica' fixa unha senda para o gas natural para xeración de electricidade desde un prezo de 40 euros/MWh nos seis meses iniciais, e posteriormente, un incremento mensual de cinco euros/MWh até a finalización da medida.

Comentarios