Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 26 de decembro

O prezo mínimo deuse entre as 3 e as 4 horas, mentres o máximo da xornada será de 19 a 20 horas.
O prezo da luza aumnenta esta segunda feira (Foto: Europa Press).
photo_camera A luz é hoxe, de media, 57,4% máis barata que un ano atrás. (Foto: Europa Press)

O prezo medio da luz para as persoas clientas de tarifa regulada vinculadas ao mercado grosista subirá esta segunda feira até os 80,31 euros por megawatt hora (MWh), o que supón 70 euros máis a respecto do mínimo de 10,63 euros/MWH marcado este domingo, día de Nadal.

A pesar da forte suba do prezo da luz, sitúase aínda por baixo dos rexistros de hai unha semana, xa que a pasada segunda feira, día 19, era de media de 96,41 euros/MWh. Hai un ano, o 26 de decembro de 2021, o prezo medio da luz situábase en 188,53 euros/MWh, isto é, 57,4% máis caro que o de hoxe.

Na poxa, o prezo medio da luz no mercado grosista, o denominado pool, fica para esta segunda feira en 77,32 euros/MWh. O prezo mínimo, de 24,10 euros/MWh, deuse de 3 a 4 horas, mentres que o prezo máximo rexistrarase entre as 19 e as 20 horas, con 189,26 euros/MWh, segundo os datos do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

A este prezo do pool súmase a compensación ás gasistas, que ten que ser abonada polos consumidores beneficiarios da medida, os consumidores da tarifa regulada (PVPC) ou os que, a pesar de estaren no mercado libre, teñen unha tarifa indexada, que para esta segunda feira fica en 2,99 euros/MWh.

En ausencia do mecanismo da 'excepción ibérica' para topar o prezo do gas para a xeración de electricidade, o prezo medio no Estado español sería de media duns 129,25 euros/MWh, o que supón 48,94 euros/MWh máis que coa compensación para os clientes da tarifa regulada, que pagarán así 37,86% menos de media.

O 'mecanismo ibérico', que entrou en vigor o pasado 15 de xuño, limita o prezo do gas para a xeración eléctrica a unha media de 48,8 euros por MWh durante un período de doce meses, cubrindo así o próximo inverno, período no que os prezos da enerxía son máis caros.

En concreto, a 'excepción ibérica' fixa unha senda para o gas natural para xeración de electricidade desde un prezo de 40 euros/MWh nos seis meses iniciais, e posteriormente, un incremento mensual de cinco euros/MWh até a finalización da medida.

Comentarios