Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 26 de abril

O prezo mínimo desta terza feira, segundo os datos proporcionados pola Rede Eléctrica de España, deuse entre as 3 e as 4 horas, mentres que o máximo será de 20 a 21 horas.

O prezo da luz subiu multiplicouse por doce no último ano (Foto: Nós Diario).
photo_camera O prezo da luz subiu multiplicouse por doce no último ano. (Foto: Nós Diario)

prezo medio da electricidade no mercado maiorista sobe lixeiramente esta terza feira até os 321,81 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta terza feira darase entre as 20 e as 21 horas, con 397,56 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 269,81 euros/MWh, rexistrouse entre as 3 e as 4 horas.

Esta terza feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 233,78 euros/MWh.

Deste modo, experimenta unha suba de sete euros a respecto dos 226,57 euros/MWh da segunda feira, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta segunda feira será 207,6% superior aos 75,99 euros/MWh do 26 de abril de 2021.

Por outra parte, o prezo medio do mes de marzo foi de 283,3 euros/MWh, 80 euros por riba de febreiro.

Comentarios