Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 24 de maio

O prezo mínimo desta segunda feira, segundo os datos proporcionados pola Rede Eléctrica de España, deuse entre as 1 e as 2 horas, mentres que o máximo será de 21 a 22 horas.

A factura da luz é hoxe 183% máis elevado que hai xusto un ano. (Foto: Europa Press)
photo_camera A factura da luz é hoxe 167% máis elevada que hai xusto un ano. (Foto: Europa Press)

prezo medio da electricidade no mercado maiorista baixa esta terza feira até os 263,47 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta terza feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 341,77 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 214,91 euros/MWh, rexistrouse entre as 1 e as 2 horas.

Esta terza feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 180,01 euros/MWh.

Deste modo, diminúe en perto de 7,29% a respecto dos 194,16 euros/MWh de media desta segunda feira, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta terza feira será 167,08% superior aos 67,4 euros/MWh do 24 de maio de 2021.

Por outra parte, o prezo medio do mes de abril foi de 191,52 euros/MWh, case 90 euros por baixo de marzo, que deixou o rexistro máis elevado da historia (283,3 euros/MWh).

Comentarios