Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 23 de maio

O prezo mínimo desta segunda feira, segundo os datos proporcionados pola Rede Eléctrica de España, deuse entre as 2 e as 3 horas, mentres que o máximo será de 19 a 20 horas.

Segue a evolución do prezo da luz en 'Nós Diario' (Foto: Nós Diario).
photo_camera A luz é hoxe 182% máis cara que xusto un ano atrás. (Foto: Nós Diario)

prezo medio da electricidade no mercado maiorista sobe esta segunda feira até os 275,47 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta segunda feira darase entre as 19 e as 20 horas, con 335,9 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 223,1 euros/MWh, rexistrouse entre as 2 e as 3 horas.

Esta segunda feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 194,16 euros/MWh.

Deste modo, increméntase en case 13,9% a respecto dos 187,27 euros/MWh de media deste domingo, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta segunda feira será 182,7% superior aos 68,67 euros/MWh do 23 de maio de 2021.

Por outra parte, o prezo medio do mes de abril foi de 191,52 euros/MWh, case 90 euros por baixo de marzo, que deixou o rexistro máis elevado da historia (283,3 euros/MWh).

Comentarios