ECONOMÍA

Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 2 de maio

Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 2 de maio

O prezo mínimo desta segunda feira, segundo os datos proporcionados pola Rede Eléctrica de España, darase entre as 17 e as 18 horas, mentres que o máximo será de 21 a 22 horas.

A luz é esta sexta feira 600% máis cara que o 18 de marzo de 2021 (Foto: Rasstock).
photo_camera A luz é esta segunda feira 212% máis cara que o 2 de maio de 2021. (Foto: Rasstock)

prezo medio da electricidade no mercado maiorista sobe esta segunda feira até os 273,41 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta segunda feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 333,86 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 224,5 euros/MWh, rexistrarase entre as 17 e as 18 horas.

Esta segunda feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 191,81 euros/MWh.

Deste modo, experimenta un incremento de case catorce euros a respecto dos 177,86 euros/MWh de media deste domingo, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta segunda feira será 212% superior aos 61,39 euros/MWh do 2 de maio de 2021.

Por outra parte, o prezo medio do mes de marzo foi de 283,3 euros/MWh, 80 euros por riba de febreiro.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

Máis en ECONOMÍA
comentarios