Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 19 de maio

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta quinta feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 357,48 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 222,39 euros/MWh, rexistrouse entre as 3 e as 4 horas.
Segue a evolución do prezo da electricidade en 'Nós Diario'. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
photo_camera Segue a evolución do prezo da electricidade en 'Nós Diario'. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)

prezo medio da electricidade no mercado maiorista sitúase esta quinta feira nos 270,20 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta quinta feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 357,48 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 222,39 euros/MWh, rexistrouse entre as 3 e as 4 horas.

Esta quinta feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 191,08 euros/MWh, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta quinta feira será 152,7% superior aos 77,11 euros/MWh do 16 de maio de 2021.

Por outra parte, o prezo medio do mes de abril foi de 191,52 euros/MWh, case 90 euros por baixo de marzo, que deixou o rexistro máis elevado da historia (283,3 euros/MWh).

Comentarios