Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 17 de xuño

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta sexta feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 423,98 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 295,38 euros/MWh, rexistrarase entre as 15 e as 16 horas.
Segue en Nós Diario a evolución do prezo da luz. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Segue en Nós Diario a evolución do prezo da luz. (Foto: Nós Diario)

prezo medio da electricidade coa tarifa regulada sitúase esta sexta feira nos 356,98 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta sexta feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 423,98 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 295,38 euros/MWh, rexistrarase entre as 15 e as 16 horas.

Esta sexta feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 177,09 euros/MWh.

Deste modo, aumenta 4,15% a respecto dos 170,81 euros/MWh de media desta quinta feira, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

Por outra parte, o prezo medio do mes de maio foi de 187,12 euros/MWh, catro euros menos que o prezo de abril, que foi de 191,52 euros/MWh, e case 100 euros por baixo de marzo, que deixou o rexistro máis elevado da historia (283,3 euros/MWh).

Comentarios