Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 14 de xuño

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta segunda feira darase entre as 21 e as 22 horas, mentres que o mínimo foi entre as 4 e as 5 horas.
2022 foi o ano co prezo da luz máis caro desde que hai rexistros (Foto: Nós Diario).
photo_camera Segue en Nós Diario o prezo da luz por horas. (Foto: Nós Diario)

prezo medio da electricidade coa tarifa regulada sitúase esta terza feira nos 291,57 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta terza feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 366,25 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 244,74 euros/MWh, rexistrouse entre as 4 e as 5 horas.

Esta terza feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 214,05 euros/MWh.

Deste modo, sobe en perto de 6,7% a respecto dos 200,62 euros/MWh de media desta segunda feira, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta segunda feira será 153,31% superior aos 79,2 euros/MWh do 13 de xuño de 2021.

Por outra parte, o prezo medio do mes de maio foi de 187,12 euros/MWh, catro euros menos que o prezo de abril, que foi de 191,52 euros/MWh, e case 100 euros por baixo de marzo, que deixou o rexistro máis elevado da historia (283,3 euros/MWh).

Comentarios